O vindero 𝗹𝘂𝗻𝘀 𝟭𝟲 𝗱𝗲 𝘅𝘂𝗻̃𝗼 𝗮́𝘀 𝟭𝟬𝗵 𝗱𝗮 𝗺𝗮𝗻̃𝗮́, persoal da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, da Dirección Provincial da TGSS e persoal do INSS estará presente no noso Municipio para tratar nunha sesión informativa os seguintes contidos e ensinar a realizar á veciñanza algúns destes TRÁMITES:
➡️A identificación electrónica
➡️Certificado de persoa física da FNMT.
➡️Sistema Cl@ve: Cl@ve móvil, Cl@ve Pin e Cl@ve permanente.
➡️Carpeta cidadá: acceso e servizos.
➡️Recepción de avisos da Seguridade Social no móbil e trámites a través da app da TGSS.
➡️Canles de información do INSS: presencial/telefónica, cita, prestacións, formularios…
 
DATA:
📆 Luns 16 de xuño 2025
🕦 10h
📌 Aula Grande do Centro Multiusos O Mosteiro (Meis)