Aquelas persoas, asociacións, organizacións ou comunidades interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán (noite do 23 ó 24 de xuño) e San Pedro (noite do 28 ó 29 de xuño), teñen de 𝙥𝙧𝙖𝙯𝙤 𝙖𝙩𝙖 𝙤 𝙙𝙞́𝙖 18 𝙙𝙚 𝙭𝙪𝙣̃𝙤, para presentar unha comunicación previa (cacharela privada) ou solicitude de autorización municipal (cacharela na vía pública) no rexistro municipal, segundo os modelos que se facilitarán no Concello (no caso dos particulares), ou a través da Sede Electrónica do Concello (asociacións, organizacións ou comunidades): https://meis.sedelectronica.gal
