Está prevista a realización dunha viaxe organizada denominada “Os camiños comezan en O Salnés”, para persoas empadroadas no Concello de Meis, o sábado 14 de xuño de 2025, con saída ás 11:00h dende a Praza de España (O Mosteiro)
A xornada dividirase en dúas partes:
1. Ruta Terrestre, percorrendo en autobús os principais recursos turísticos da comarca.
2. Ruta Marítima, seguindo o traxecto que, segundo a tradición, fixeron os restos do Apóstolo Santiago cara Compostela.
Programa da actividade:
• Recollida na Praza de España (O Mosteiro).
• Inicio da Ruta TINTILAN con audioguía.
• Xantar en Casa Rodiño – Meaño.
• Saída cara o Porto de O Grove e embarque para a Ruta Traslatio.
• Fin da Ruta Traslatio en Pontecesures.
• Recollida polo TINTILAN en Pontecesures e regreso aos puntos de encontro.
Duración aproximada: 8 horas
Capacidade máxima: 110 prazas (2 autobuses)
Para activar o 2º autobús: mínimo 25 persoas adicionais
Asistencia de menores:
Os menores deberán estar sempre acompañados por titores legais ou profesores (con autorización asinada).
(Ver Anexo I – Autorización para menores)
A INSCRICIÓN ESTARÁ ABERTA ATA O 9 DE XUÑO NO CONCELLO DE MEIS, DE 9 a 14h.