• José Luis Pérez recibiu no Salón de Plenos a uns veciños moi novos do C. P.I de Mosteiro acompañados por dous dos seus profesores que lle trasladaron as súas peticións e inquietudes.

O alcalde José Luis Pérez recibiu aos alumnos de CPI de Mosteiro no Salón de Plenos e acompañado pola concelleira Ofelia Barral, escoitaron as inquietudes e peticións que estes nenos trasladáronlle. Nunhas conversacións que resultaron gratificantes e amenas o alcalde puido escoitar como estes mozos veciños están moi preocupados co medio ambiente xa que as súas preguntas estaban enfocadas cara á reciclaxe neste concello de Meis, a estas preguntas o alcalde puido contestar con soltura ao coñecer de primeira man o funcionamento da recollida de residuos deste concello, aínda que este servizo este contratado cunha empresa externa, as preguntas chegaron a ser máis directas e preguntáronlle se o tamén reciclaba na súa casa, ao que contestou que por suposto xa que é unha forma de contribuír coa natureza e onde todos podemos colaborar para axudar ao medio ambiente e aconsellou a todos os alumnos de que fixesen o mesmo nas súas casas, xa que coidar a natureza é un labor de todos e de todas. José Luis unha vez terminado o acto coméntolle aos nenos que compartía o 100% das súas inquietudes e animounos a seguir achegando ideas e novos proxectos.