A visita da Conselleira debeuse  a iniciativa dunha parella de xóvenes emprendedores, veciños do Concello, de acondicionar un minifundio para labores de explotación agrícola.

O proxecto é parte da iniciativa do Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) e das axudas da Xunta de Galicia para a incorporación de xóvenes agricultores.

O Alcalde José Luis Pérez estivo  na Parroquia de San Salvador de Meis acompañando a una parella de xóvenes emprendedores do Concello que lle insinou as labores de acondicionamento dunha terra que vai ser utilizada para a explotación agrícola, neste caso unha plantación de tomates

A  iniciativa da xoven parella non foi algo novo para eles xa que posúen  outras dúas explotacións tanto de leitugas como de pementos de Padrón baixo o nome da súa empresa “Hortamanda”. Esta nova explotación poríase en marcha no prazo de un mes e acollería plantacións de tomates, das clases corazón de boi, tomate negro de Santiago e tomate do país.

Á cita acudeu a Conselleira para o Medio rural Ángeles Vázquez que destacou a Meis como un Concello onde a climatoloxía é idónea para calquera tipo de plantación agrícola , ademáis dos viñedos, abundantes na zona, permitindo cultivar durante todo o ano por ter unas temperaturas suaves incluso na estación de inverno, creando así máis postos de traballo e contribuíndo a diversificción da producción agraria. Para este fin a Xunta contará este ano cun orzamento que chegará ós 65 millóns de euros. En esta cuestión estaba totalmente dacordo o Alcalde José Luis Pérez o cal se referiu ó medio rural como “razón de ser do Concello de Meis” e recordou que Meis ademáis de posuir unas características climatolóxicas idóneas, é o Concello máis grande da comarca do Salnés.

A Conselleira fixo fincapé na importancia que teñen este tipo de proxectos no plan da Xunta de Galicia, e que Concellos e Administración traballan para axudar  ós xóvenes que se qeren adicar a Horta como medio de vida . Subliñou que o pasado ano foron un total de 466 xóvenes que decidiron  adicarse ó ámbito agrario na nosa comunidade, poñendo en funcionamento terras que se encontraban en situación de abandono con un fin agrícola.

A partir de aquí, a Conselleira comentou a necesidade de ter un Selo que nos identifique como “Horta de Galicia”, xa que os nosos productos son recoñecidos tanto dentro como fóra da nosa comunidade ,pola calidade e sabor que os identifica e que só é posible gracias as condicións do noso territorio, e sinalou ó Alcalde como peza clave para que se leven a cabo este tipo de proxectos.

Aproveitando a presenza da Conselleira do Medio Rural o Alcalde José Luís Pérez quixo facer referencia a ley de Parcelarias , pedíndolle que se axilizasen os procesos administrativos que actualmente se encontran bastante parados. Pola súa banda a Conselleira sinalou ó Concello de Meis como un dos Concellos agraciados no que os trámites parcelarios se levan con maior axilidade, xa que ten en marcha una serie de concentracións parcelarias que ó mesmo tempo dependen de una serie de estudos mediomabientais e sinalou a Meis como Concello exemplar en este ámbito.