• José Luis Pérez quere enviar un enorme agradecemento a veciñanza pola súa axuda desinteresada traballando arreo e  incluso ofrecendo medios particulares como cisternas etc.… e a todos os operativos, desprazados no día de onte polo gran sacrificio de ter que enfrontarse a un inimigo tan poderoso como e o lume nas condicións de seca e fortes rachas de vento arriscando a súa propia vida en prol dos veciños e veciñas de Meis.
  • A valoración dos danos ascende a entre setenta e oitenta hectáreas de terreo
  • No día de hoxe seguindo as instrucións do alcalde José Luis Pérez, Ofelia Barral e mais Jairo Paz estiveron comprobando coa luz do día cales foron os danos e se os lumes estaban controlados nas zonas de, cabeza de boi, Gondes, As pereiras, Fofan, Castiñeiras, Mirador de San cibran falando e tranquilizando a veciñanza.

No día de onte Domingo 15 de outubro foron moitos concellos Galegos os que desgraciadamente sufriron o ataque de terroristas incendiarios ó longo e ancho da xeografía galega, O Concello de Meis por desgracia foi un deles e o seu alcalde José Luis Pérez (estando ausente, xa que por motivos de saúde atopase fora de Galicia) estivo en todo momento organizando o operativo a través dos seus concelleiros entre eles Jairo Paz, Ofelia Barral e mais Miguel Pérez, que en todo momento estiveron en contacto telefónico co alcalde José Luis Pérez mobilizaron a todos os efectivos dispoñibles para axudar nas labores de extinción de todos os focos posibles existentes no concello.

Voluntarios de protección civil de Meis en colaboración coas cuadrillas forestais da Xunta, bombeiros do Salnés, bombeiros de Sanxenxo, unha motobomba procedente do Grove, así como varias patrullas da Garda Civil de Poio en colaboración coa Veciñanza , e incluso ofrecemento de outros concellos lindeiros, traballaron a reo para prestar a máxima axuda posible para a extinción dos lumes e para manter a  a seguridade cidadá, xa que o lume ameazaba de preto as vivendas con inmensas lapas.

Desde o concello mobilizáronse tamén tractores con cisterna desde diversos puntos ademais de un camión que fixo as veces de nodriza para as motobombas, xesto que se agradeceu inmensamente para evitar os desprazamentos a puntos de carga.

Non sobrou a axuda en ningún momento , incluso axentes forestais que non estaban de servicio fixeron acto da súa presenza para organizar as cuadrillas e tódolos medios alí  presentes.

Arestora sabemos xa que os danos foron inmensos alcanzando case as oitenta hectáreas de terreo , algún focos seguen parcialmente activos pero controlados na súa totalidade afortunadamente.

No día de hoxe seguindo as instrución do alcalde José Luis Pérez, Ofelia Barral e mais Jairo Paz estiveron comprobando coa luz do día cales foron os danos e se os lumes estaban controlados nas zonas de, cabeza de boi, Gondes, As pereiras, Fofan, Castiñeiras, Mirador de San cibran falando e tranquilizando a veciñanza.

José Luis Pérez quere agradecer o seu tenente de alcalde Eugenio Fernández, e concelleiros do grupo de goberno Raquel Fernández e Natalia González os cales estiveron toda a noite en continuas conversas telefónicas aínda que non foran tan visibles sabe que estiveron a carón dos seus veciños, José Luis Pérez unha vez mais quere concienciar os veciños e veciñas de Meis, que teñen que  limpar as leiras de mato, xa que puideron comprobar que aquelas que non estaban en condicións foron as que as vivendas correron un risco mais importante de queimarse e producir incluso danos irreparables como e a vida dos nosos veciños e veciñas como aconteceu en concellos de Galicia no día de onte.