Medidas durante o Estado de alarma

Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que logo da declaración do estado de alarma polo RD 463/2020, e seguindo as instrucións da FEGAMP, esta mañá creouse a Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVD-19, na que se acordou que a partir do 17 de marzo e mentres dure o estado de alarma o Concello de Meis habilitase un servizo de emerxencia para axudar ás persoas maiores e/ou en situación de vulnerabilidade para a compra de alimentos de primeira necesidade e medicinas, para evitar que saian dos seus domicilios.

Para iso poderán chamar aos seguintes números de teléfono:

986712001 (De 9 a 14 horas os días laborables).

986712211 (Durante as 24 horas do día).

Que a atención ao público (con servizos mínimos) nas dependencias municipais limitarase a casos de extrema necesidade, chamando con anterioridade para verificar esa necesidade da presenza da/o veciña/o.

Recoméndase a realización de trámites a través da sede electrónica meis.sedelectronica.gal e as consultas telefónicas chamando ao número 986712001 (De 9 a 14 horas os días laborables).

Prégase á cidadanía a maior colaboración e o exhaustivo cumprimento do disposto na lexislación vixente e nas normas que se van dictando.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.

 

PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS

ANUNCIO

 

PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS.

 

Por mor da declaración do estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo de 2020), o Concello de Meis veuse na obriga de paralizar os procesos selectivos iniciados no seu momento.

En vista da situación actual, vanse retomar estes procesos coas seguintes modificacións para axustar a solicitude inicial ao novo escenario:

  1. Levarase a cabo a contratación de 10 persoas desempregadas (inicialmente eran 9).
  2. A duración dos contratos será de 7 meses (inicialmente eran 8).
  3. Engádese a seguinte ocupación a solicitar para cubrir esa contratación a maiores:
OCUPACIÓN Nº POSTOS CÓDIGO
Peón forestal 1 6410

4. Entrevistas:

OCUPACIÓN DÍA HORA
Instalador electricista 19/05/2020 10:00
Fontaneiro 19/05/2020 10:30
Pintor 19/05/2020 11:00
Carpinteiro 19/05/2020 11:30
Peón obras públicas 20/05/2020 10:00
Albanel 20/05/2020 11:00

 

Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que a Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Meis unha subvención por importe de 108.905,49 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS, para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 1 do xoves 2 de xaneiro de 2020). Os contratos serán a xornada completa e terán unha duración de 8 meses.

As ocupacións que se van solicitar ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días serán as seguintes:

 

 

OCUPACIÓN Nº POSTOS CÓDIGO
Albaneis 2 7121
Electricista 1 7510
Fontaneiro/a 1 7221
Pintor/a 1 7212
Carpinteiros/as 2 7131
Peón obras públicas 2 9601

 

Providencia de inicio

Bases proceso selectivo

DECRETO 2020-0103 [Decreto aprobación bases proceso selectivo PLAN CONCELLOS 2020]

Resultados_Oferta_12-2020-2524

Resultados_Oferta_12-2020-2500

Resultados_Oferta_12-2020-2508

Resultados_Oferta_12-2020-2547

Resultados_Oferta_12-2020-2590

Resultados_Oferta_12-2020-2560

Resultados_Oferta_12-2020-3219

Resultados_Oferta_12-2020-2508A

 

Acta tribunal

Anuncio decreto contratación

 

Vertidos impropios na depuradora de Lantañón

MARTA GIRALDEZ BARRAL, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MEIS (PONTEVEDRA)

FAGO SABER:

Que o Concello de Meis conta cunha rede de sumidoiros que conduce os vertidos á depuradora de Lantañón, procedentes das vivendas correspondentes aos lugares de Pompeán, A Goulla, O Noval, Latañón, As Portelas e Vilanoviña, na parroquia de Paradela.

Que esta depuradora, unha vez máis, está a sufrir avarías moi graves que precisan de reparacións moi caras, debido á presencia nos vertidos de compresas, toalliñas, trapos de cociña, etc.

 

Xa que logo, apelo á colaboración de toda a cidadanía para contribuír ó bo funcionamento da depuradora evitando tirar eses resíduos impropios da rede de saneamento.

O que fago público para xeral coñecemento.

TARXETA BENVIDA 2020

BANDO

MARTA GIRALDEZ BARRAL

ALCALDESA CONCELLO DE MEIS

FAGO SABER

Que a Conselleria de Política Social convoca a axuda económica, a través da “Tarxeta benvida”, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS:

  • Ter fillos ou fillas ou fillos nados/as entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2020.
  • Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2020.
  • Galegos e galegas e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2020 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.
  • Igualmente poderán beneficiarse ds contías previstas no artigo 4.2 aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1200 €, ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos, nas respectivas convocatorias do ano 2018 e 2019 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.
  • Que a renda non supere os 45.000 € No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 € para ter dereito á contía da axuda prevista no artigo 4.2.
  • Excepcionalmente , a axuda poderá percibirse ata un ano máis sempre que a unidade familiar este técnicamente valorada en situación de especial vulnerabilidade, teñan un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución e así o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data na que o neno ou nena faga os tres anos. (art.4.4)

O prazo : 2 meses contados partir do dia seguinte ó nacemento do neno/a ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.

No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2020 e sempre que o fillo ou filla nacera con anterioridade ao seu regreso, o prazo será de 3 meses, que se contarán a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación fidedignamente e data de retorno a España.

Opcionalmente , poderá presentarse a solicitude durante o período de xestación estando en todo caso, a súa concesión supeditada ao cumprimento dos requisitos previstos no artigo 3.

Para solicitar a axuda acudirán ós SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS os Luns ou Xoves xunto coa educadora familiar, e provisto do libro de familia e volante de empadronamento de toda a unidade familiar.

BANDO EN PDF

Vertidos impropios á rede de sumidoiros en Gondarei de Arriba e A Bouza (San Martiño de Meis)

MARTA GIRÁLDEZ BARRAL, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MEIS (PONTEVEDRA)

FAGO SABER:

Que a rede de sumidoiros que conduce os vertidos procedentes das vivendas dos lugares de Gondarei de Arriba e A Bouza á depuradora está a sufrir atrancos e avarías que poden ser moi graves e polo tanto precisar de reparacións moi caras, debido á presencia nos vertidos de compresas e toalliñas.

Xa que logo, dende o Concello de Meis apélase á colaboración de toda a cidadanía para contribuír ó bo funcionamento da rede de sumidoiros evitando tirar eses resíduos impropios da rede de saneamento.

O que fago público para xeral coñecemento e efectos.