A vindeira semana, os días 4, 5 e 8 de agosto na parcela de Parga(entrada pola Avda. Médico Paz García), onde se construirá o novo centro de saúde de Meis a Xunta de Galicia instalará un servizo coñecido como Coidados porta a porta, que ten servizos asistenciais ás persoas maiores (a partir de 55 anos) do rural para a prevención da dependencia, polo que se prestan servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria e que ten como obxectivo que as persoas maiores poidan permanecer coidados na súa contorna.
ℹTodas as persoas interesadas pedirán ✍cita previa contactando por correo electrónico no seguinte: enderezocoidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal ou nos números de teléfono ☎️622 748 283 e 623 546 992.