PERSOAS BENEFICIARIA, REQUISITOS E DESCRICIÓN DO PLAN:
RÉXIME XERAL: -Nacer antes do 1 de Xaneiro de 1972, ser pensionista de xubilación, viuvez ou outras pensións; no caso de nacer antes do 1 de Xaneiro de 1972 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% e/ou persoas coidadoras que precisen un respiro familiar.
RÉXIME ESPECIAL: Persoas con escasos recursos económicos e/ou estar en risco e exclusión social. (Con informe dos servizos sociais comunitarios.-(3 prazas por Concello o programa de asistencia diaria).-(2 prazas programa pernoita).


“PROGRAMA DE ASISTENCIA DIURNA” : Consiste en pasar 5 tardes seguidas de Luns a Venres nos Balnearios de CUNTIS ou HOTEL SPA GALATEA.
Cada día un autobús recollerá ós participantes para o seu desprazamento ó balneario. (Ditos traslados só se prestarán no caso de que haxa un número mínimo de persoas por parada en cada concello, segundo se determine na oferta técnica da empresa adxudicataria)
Prezos a pagar polo usuario xa descontado o cofinanciado:
A deputación provincial aporta ata un máximo de 53,55 € por praza e o Concello 15 €.
A subvención que percibirá cada persoa solicitante das prazas ordinarias calcularase en función da súa renda persoal de forma individual e mensual, de acordo cos seguintes tramos (tómase como referencia o salario mínino interprofesional, SMI):

TRAMO DE RENTA Porcentaxe de subvención do precio da plaza Importe subvencionado pola Deputación de Pontevedra
Ata o 100% do SMI 40% 53,55€
Entre o 101% e 150% do SMI 30% 40,16 €
Entre o 151 % e 200% do SMI 20% 26,78 €


“PROGRAMA TERMAL DE PERNOCTACIÓN EN RÉXIME DE PENSIÓN
COMPLETA”: 6 días e 5 noites (Hotel con Balneario).
PARA SOLICITAR PRAZA PEDIRÁN CITA PREVIA nos Servizos sociais comunitarios :
615299895 ata o 2 de Maio. provisto de D.N.I e certificado de pensións e/ou certificado de minusvalía.