Dende o Concello de Meis, a Alcaldesa Marta Giráldez Barral LEMBRA que:
📣 o 31 de maio remata o prazo establecido pola Lei 3/2007, do 9 de abril, da Xunta de Galicia, de prevención e defensa contra os incendios forestais, que decreta que os titulares dos terreos forestais incluídos no Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais, aprobado polo Pleno do Concello de Meis o 29/05/2020 que podedes consultar no seguinte enlace:↩️ https://www.meis.gal/…/plan-municipal-de-prevencion-e…/ teñen a obriga de realizar unha correcta limpeza das parcelas, incluíndo a tala de eucaliptos, pinos e acacias dentro dos 50 m e das frondosas caducifolias dentro dos 15 m próximos aos núcleos habitados e outras instalacións.
 
Segundo a lexislación vixente a responsabilidade da xestión da
biomasa neses ámbitos é das persoas propietarias dos terreos,
polo que a non actuación sobre estes pode traer consigo graves
sancións económicas.
 
Para aclarar calquera dúbida ao respecto establécese como
contacto na Casa do Concello o teléfono 🤳615299833 en horario de 9:00 a 14:00 horas os luns e os martes.