👉A Xerencia da Zona Pontevedra-O Salnés do Sergas procederá a realizar un cribado entre a poboación de Meis que estea comprendida entre os 20 e os 64 anos de idade (2.200 persoas aproximadamente).
👉Que este cribado terá lugar durante a mañá e a tarde dos días 19 e 20 de abril (luns e martes), no Pavillón Municipal de Deportes.
👉Que dende o Sergas enviarán mensaxes de texto (SMS) aos teléfonos móbiles das persoas citadas.
👉Que se lle recomenda ás persoas que estean pendentes dos seus móbiles e que acudan á cita con puntualidade e respectando a distancia de seguridade interpersoal.