PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS:

➡ Ter fillos ou fillas ou fillos nados/as entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2021.

➡ Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2021.

➡ Galegos e galegas e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2021.

➡ Igualmente poderán beneficiarse das contías previstas no artigo 4.2 aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 €, ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos, nas respectivas convocatorias do ano 2019 e 2020 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.

➡ EXCEPCIONALMENTE, a axuda poderá percibirse ata un ano máis sempre que a unidade familiar este técnicamente valorada en situación de especial vulnerabilidade e o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data na que o neno ou nena faga os tres anos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 2 meses contados partir do día seguinte ó nacemento do neno/a ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.

Para solicitar a axuda, podes tramitala a traves dos SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS do Concello de Meis, pedindo previamente cita telefónica 📞 615299895- 986712001/712101.