Tendo en conta a proliferación de contaxios de COVID-19 na nosa área de influencia e a falta de comunicación oficial das autoridades sanitarias, cómpre que aquelas persoas que se confinen ou se contaxien llo comuniquen ao Concello de Meis, onde os seus datos se tratarán con total confidencialidade, a fin de que lles prestemos a axuda que precisen.

Esta comunicación poderase realizar por calquera destas tres vías:

➡️Correo electrónico alcaldía@meis.gal poñendo no asunto COVID-19.

➡️Mensaxe pola aplicación Whatsapp ao número 637590275.

➡️ Chamada telefónica ao número 637590275.