O próximo mércores 30 de setembro, persoal sanitario da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), desprazarase ata éste concello para facilitarlle a doazón de sangue a todos/as os veciños/as.

A Unidade Móbil situarase na Praza de España(Campo da Feira) do Mosteiro, das 16:00h a 21:00h.

Para maior seguridade pide a túa cita previa para doar no seguinte ☎️ 900 100 828.

Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 quilos, só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros. #súmate!