Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que debido ás actuais condicións meteorolóxicas, estanse a producir problemas de escasez de auga.

Xa que logo, de persistir esta situación, verémonos na obriga de realizar restriccións en canto a súa utilización.

Tendo en conta o anterior, prégase a tódolos usuarios da auga municipal que estremen as medidas de cara a un consumo responsable deste ben escaso que é a auga.

O que fago público para xeral coñecemento.