Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o vindeiro domingo 12 de xullo de 2020, e para poder adoptar as medidas preventivas, organizativas e de protección tanto colectiva como individual que dispón o Protocolo polo que se establecen as medidas preventivas en materia de saúde pública fronte ao COVID- 19 para o desenvolvemento da xornada electoral do 12 de xullo, publicado no DOG nº 104 do sábado 30 de maio de 2020, a mesa electoral correspondente á parroquia de San Tomé de Nogueira, que viña estando na Escola Laica, constituirase no Pavillón Polideportivo Municipal, no Camiño da Poroxa nº 2. (O Mosteiro).
Nesta mesa electoral poderán exercer o seu dereito ao voto as persoas censadas nos lugares de Arcos, O Mosteiro, Nogueiró de Abaixo, Nogueiró de Arriba ou O Pazo (todos eles pertencentes a San Tomé de Nogueira) ou nos números pares do Camiño da Baralla ou nos números pares do 24 cara adiante ou impares do 29 cara adiante da Avda. Médico Paz García (correspondentes estes ao lugar de O Mosteiro da parroquia de San Lourenzo de Nogueira).