Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o vindeiro domingo 12 de xullo de 2020, e para poder adoptar as medidas preventivas, organizativas e de protección tanto colectiva como individual que dispón o Protocolo polo que se establecen as medidas preventivas en materia de saúde pública fronte ao COVID-19 para o desenvolvemento da xornada electoral do 12 de xullo, publicado no DOG nº 104 do sábado 30 de maio de 2020, a mesa electoral correspondente á parroquia de San Lourenzo de Nogueira, que viña estando na Escola de Rialdonio, constituirase no Centro Cultural de San Lourenzo de Nogueira, en Fontenla nº 2.
Nesta mesa electoral poderán exercer o seu dereito ao voto as persoas censadas nos lugares de Ai, Brea, Cavada, Fontenla, Ladrido, Pedras, O Porrelo, Rial, Rialdonio ou Seixo.