Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que se nos comunicou que no lugar de Nogueiró de Arriba, na parroquia de San Tomé de Nogueira, faleceu un canciño por causa de envelenamento.

Que é preciso que as persoas que teñades mascotas andedes con precaución por esa zona, para evitar males maiores.

Agredécese que esteades vixiantes en pro do benestar animal de Meis.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.