Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que este verán, debido á situación de emerxencia sanitaria que deu lugar á declaración do Estado de Alarma NON se vai organizar inicialmente a ludoteca como se viña facendo en anos anteriores.

Que este Concello está á espera da clarificación das condicións para levar a cabo este tipo de actividades.

Que de calquera xeito, este Concello está disposto a contribuír á conciliación da vida laboral e familiar das familias de Meis e para iso quere coñecer as necesidades reais das familias que demandarían este servizo de conciliación (familias monoparentais, ou se os dous proxenitores traballan e non teñen familiares directos que os poidan axudar).

Xa que logo, as persoas interesadas neste servizo deberán comunicarllo á Concelleira de Servizos Sociais a través do número de teléfono 639203372 ou a través do correo electrónico maria.sancho@meis.gal.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.