MARTA GIRÁLDEZ BARRAL, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MEIS

FAGO SABER:

Que aquelas persoas interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán (noite do 23 ó 24 de xuño) e San Pedro (noite do 28 ó 29 de xuño), teñen de prazo ata o día 19 de xuño (San Xoán) e ata o día 25 de xuño (San Pedro), para presentar unha comunicación no rexistro municipal, segundo o modelo que se facilita no Concello, para o que necesariamente deberán pedir cita previa (Telf.: 986712001).

Que este ano, como consecuencia do COVID-19, unicamente se autorizarán fogueiras en terreos privados.

Esta Alcaldía fai um chamamento á veciñanza para o cumprimento das normas que se indican na comunicación, así como tamén aquelas de carácter sanitario derivadas do COVID-19.

O que fago público para xeral coñecemento.

 

Comunicación para descargar