Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que unha vez a situación de emerxencia sanitaria que deu lugar á declaración do Estado de Alarma se vai compoñendo, e imos cara a “Nova Normalidade” e xa se flexibilizou o confinamento e se permiten os desprazamentos dentro da provincia e polo tanto xa se pode acudir tanto ás copistarías como ás tendas de consumibles informáticos; a partir do 1 de xuño o servizo de impresión de tarefas escolares que o Concello de Meis viña prestando á tódalas familias sen distinción, só se lle prestará a aquelas familias en situación de vulnerabilidade.

Aquelas familias que precisen facer uso deste servizo deberán comunicarllo á Concelleira de Servizos Sociais a través do número de teléfono 639203372 ou a través do correo electrónico maria.sancho@meis.gal.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.