Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que no BOP núm. 98 do luns 25 de maio publicouse unha resolución pola que se lle dá publicidade ao novo calendario de cobro dende xuño a decembro do ano 2020, consonte os cadros que se indican máis abaixo e se informa do Plan de pagamento personalizado COVID-19, para fracciona-lo pagamento do IBI, do IVTM e do IAE:

 

Taxas e Prezos Públicos Data inicio Data fin Data cargo domiciliados
2º semestre lixo 2019 6 de febreiro 22 de xuño 6 de marzo
2º semestre auga 2019 15 de xullo 15 de setembro 2 de setembro
1º semestre lixo 2020 16 de setembro 16 de novembro 2 de novembro
1º semestre auga 2020 30 de outubro 30 de decembro 2 de decembro

Os requisitos para acollerse ao Plan de pagamento personalizado COVID-19 son os seguintes:

– Solicitude presentada antes do 15 de xuño de 2020 a través da OVT (https://ovt.depo.gal) ou a través do resto de sistemas regulamentados na LPACAP co modelo normalizado.

– O pagamento realizarase ata en 6 mensualidades.

– O plan rexerase, en todo o non disposto, pola Ordenanza fiscal xeral do ORAL.

– Non existirá contía mínima no importe de cada prazo.

– A acollida a este plan supoñerá a incorporación adicional ao plan de pagamentos establecido no artigo 80.B) da Ordenanza fiscal xeral do ORAL, salvo renuncia expresa da persoa interesada.

O que fago público para xeral coñecemento.