Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que co gallo das Eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o vindeiro domingo 12 de xullo de 2020, pode ser consultado o Censo Electoral de Meis nas oficinas municipais entre o 25 de maio e o 1 de xuño de 2020, ambos incluídos, previa identificación da persoa interesada, para os efectos de exame e reclamacións.

O que fago público para xeral coñecemento.