B A N D O

Doazón de sangue

MARTA GIRÁLDEZ BARRAL, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MEIS (PONTEVEDRA)

FAGO SABER:

Que o día 27 de maio (mércores), persoal sanitario da Axencia de Doazón de Organos e Sangue (ADOS), desprazarase ata este concello para facilitárlle-la doazón de sangue a tódolas/os veciñas/os.

A Unidade Móbil situarase na Pza. de España (Campo da Feira), das 16:00 ás 21:00h.

As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación. Posteriormente na unidade móbil facilitarase aos doantes un xustificante da antedita doazón.

Para maior seguridade pide a túa cita previa para doar no telf.: 900 100 828.

Súmate se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón.

Recomendacións:

 

 

Non esquezas traer o teu DNI.

 

Non acudas sen almorzar e despois do xantar espera 2 horas.

 

Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.

 

 

O que fago público para que a veciñanza de Meis preste a súa colaboración por se-la doazón un beneficio para todas/os.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE