Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que logo da declaración do estado de alarma polo RD 463/2020, e logo da publicación no BOE nº 130 do sábado 9 de maio de 2020 da Orden SND/399/2020, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional, establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 1 del Plan para la transición hacia una nueva normalidade e en aplicación do disposto no Artigo 23 desta orde procédese unha vez que tanto as instalacións como os fondos da biblioteca se desinfectaron e se hixienizaron, á reapertura da Biblioteca municipal de Meis a partir do luns 18 de maio en horario de 10 a 13 e de 16 a 20 horas de luns a venres.

Que se permite o préstamo e a devolución de obras, así como a información bibliográfica e bibliotecaria.

Que NON se poden levar a cabo actividades culturais, actividades de estudio en sala ou de préstamo interbibliotecario, así como calquera outro servizo destinado ao público distinto dos mencionados no parágrafo anterior. Así mesmo, NON se poderá facer uso dos ordenadores e medios informáticos das bibliotecas destinados para uso da cidadanía, así como de catálogos de acceso público en liña ou catálogos en fichas da biblioteca.

Que as obras serán solicitadas polas persoas usuarias e proporcionadas polo persoal da biblioteca en atención individualizada.

Que NON pode entrar máis dunha persoa á vez na sala. Os menores terán que vir necesariamente acompañados dun adulto. Antes de entrar na sala deberán observarse os protocolos de hixiene (lavado de mans con xel hidroalcólico e mantemento da distancia de seguridade -2 metros-).

Que as obras devoltas terán unha corentena de 14 días.

Para máis información: teléfono 615522445 e no correo biblioteca@meis.gal.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.