Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que no BOE nº 67, do sábado 14 de marzo de 2020, publicouse o Real Decreto 463/20202, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Que a Disposición adicional terceira que trata da suspensión dos prazos administrativos sinala o seguinte:

 

1.Suspéndense términos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto, ou, de se-lo caso, as prórrogas do mesmo.

 

2.A suspensión de términos e a interrupción dos prazos aplicarase a todo o sector público definido da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Xa que logo, no caso da admisión na Escola Infantil Municipal 0-3 de Meis o prazo de presentación de solicitudes quedou interrompido o 14 de marzo pola promulgación deste RD 463/2020 polo que declarou o estado de alarma.

Con data 13 de maio de 2020 a Alcaldía por resolución 2020-0156 decretou a reanudación do prazo de presentación de solicitudes de admisión na Escola Infantil Municipal 0-3 de Meis ata o 5 de xuño de 2020

Como aínda estamos en Estado de Alarma a presentación da solicitude e a documentación realizarase de xeito prioritario mediante a Sede Electronica https://meis.sedelectronica.gal.

Tamén se poderá presentar presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Meis dende o luns 18 de maio ata o remate do prazo que será o venres 5 de xuño de 2020.

Para a presentación de xeito presencial será imprescindible concertar cita mediante chamada telefónica ao 986712001 ou mediante o correo electrónico correo@meis.gal.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.

Solicitude