MARTA GIRALDEZ BARRAL, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE

MEIS (PONTEVEDRA)

FAGO SABER

Segundo Resolución da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia de data 28/04/2020 A EXECUCIÓN DOS DEBERES DE XESTIÓN DA BIOMASA POLOS PARTICULARES DEBEN CONTINUAR; EXTENDÉNDOSE O PRAZO DA DITA XESTIÓN VOLUNTARIA ATA O 16 DE XULLO DE 2020 INCLUSIVE.

As persoas que se despracen para a realización de actividades de xestión da biomasa deberán levar consigo unha DECLARACIÓN RESPONSABLE que comprenda as leiras nas que levarán a cabo as ditas actividades, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral.

Ademais deberán levar consigo os apeiros, utensilios ou ferramentas necesarios para desenvolver as actividades de xestión da biomasa ou, de non levalos consigo, incluír na Declaración Responsable que os teñen depositados na parcela ou lugar determinado.

Para aclarar calquera dúbida ao respecto establécese coma contacto na casa consistorial o telefono 615 299 833 en horario de 9:00 a 14:00 horas os luns e os mércores.

O que se fai público para xeral coñecemento en Meis