Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que no BOE nº 67, do sábado 14 de marzo de 2020, publicouse o Real Decreto 463/20202, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Que este estado de alarma foi prorrogado por sucesivos acordos do Congreso dos Deputados ata as 00:00 horas do 26 de abril (BOE nº 86, do sábado 28 de marzo e BOE nº 101 do sábado 11 de abril).

Que nunha nova prórroga deste estado de alarma entre o 26 de abril e o 10 de maio, váiselles permitir aos menores de 14 anos que poidan saír da casa unha vez ao día, durante unha hora, acompañados dunha persoa adulta coa que convivan e paseen non se alonxando máis de un quilómetro do domicilio. Por cada adulto o número de máximo de nenos será de tres.

O horario para facelo será entre as 09:00 e as 21:00 horas.

Non poderán saír do fogar nenos, nenas ou adolescentes con fiebre ou síntomas compatibles coa enfermidade, ou que estean en cuarentena.

OS NENOS E AS NENAS NON PODERÁN FACER USO, EN NINGÚN CASO, DAS ZONAS DE XOGO INFANTIL, PARQUES OU OUTRAS INSTALACIÓNS QUE POIDAN FACILITAR O CONTAXIO, COMO AS ZONAS COMÚNS DOS EDIFICOS, QUE PERMANECERÁN PECHADAS. NO CASO DAS ZONAS RURAIS, OS PEQUENOS TAMÉN PODERÁN GOZAR DO CAMPO OU DO BOSQUE, NON SE ALONXANDO MÁIS DE UN QUILÓMETRO DO DOMICILIO.

EN MEIS OS PARQUES INFANTÍS E OS COLUMPIOS ESTÁN PRECINTADOS E ESTÁ TERMINANTEMENTE PROHIBIDO O ACCESO AO SEU INTERIOR.

Respectando as medidas de distanciamento (preferiblemente superior ao metro de distancia) os menores poderán correr, saltar e facer exercicio e poderán utilizar bicicletas, balóns, patíns, monopatíns ou similiares, así como saír a pasear en carriño. Despois haberá que poñer coidado na súa desinfección.

O uso das mascarillas non será obrigatorio, senón só recomendable.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.