Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que no DOG nº 62, do luns 30 de marzo de 2020, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou a Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

Que en relación a esta liña de axudas informo ás posibles persoas beneficiarias (aquelas que pagan menos de 4,5 €):

REQUISITOS: Familias con un/ha ou máis fillos/as escolarizados/as en centros públicos con comedor xestionado pola consellería que teñan a condición de comensais gratuitos ou pagadores dun euro nas relación de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

SOLICITUDES Tendo en conta a condición previa de comensal gratuito ou semigratuito dun euro, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás familias.

PRAZO: Dende o 31 de marzo ao 6 de abril de 2020.

FORMA DE SOLICITALO: Enviando os seguintes datos a axuda@cpimosteiromeis.com:

-Nome do/a alumno/a.

-Curso e grupo.

-Nome do/a titor/a legal.

-DNI do/a titor/a legal.

-Número de conta bancaria do/a titor/a legal.

O que fago público para xeral coñecemento.