Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Proporcionar achega económica para facilitar o acceso aos produtos básicos (alimentación, hixiene persoal e do fogar, farmacéuticos, …) as persoas e/ou familias con dificultades económicas ou en situacións de especial vulnerabilidade para reducir as saídas do domicilio evitando as posibilidades de contaxio e expansión da epidemia.

REQUISITOS:

      – Empadroamento e residencia efectiva no concello de Meis.

      – Que a capacidade económica da unidade de convivencia non supere ou iguale o baremo establecido: 80% IPREM para unha persoa incrementándose nun 20% adicional por cada persoa que integre a unidade de convivencia. Do cómputo de ingresos descontarase o importe do aluguer ou hipoteca, ata un máximo de 350 €.

      – Computarase todos os ingresos obtidos no mes anterior e no mes que solicita a axuda, así como os saldos das contas bancarias de todas as persoas que integran a unidade de convivencia.

CONTÍA DAS AXUDAS: Unha persoa 100 €/mes, dúas persoas 150 €/mes, tres persoas 225€/mes e catro ou máis persoas 300 €/mes.

DOCUMENTACIÓN: A documentación e solicitude poderase realizar por correo electrónico a traballador.social@meis.gal ou educadora.familiar@meis.gal ou coa presentación de fotografías ou outros medios dispoñibles os cales serán indicados polo departamento de servizos sociais.

     – Xustificantes ingresos e saldo bancario de toda a unidade de convivencia.

     – Recibo do aluguer ou hipoteca da vivenda, de ser o caso.

     – Solicitude/declaración responsable que estará colgada na web do concello. Este documento tamén será facilitado polos diversos medios, polo departamento de SS.SS.

     – Calquera outra documentación que requira a traballadora social do Concello.

Para máis información poden chamar ao 986712001 ou 986715578 de 9 a 14 horas.

O que fago público para xeral coñecemento.

 

SOLICITUDE. Pinchar aquí

DECLARACIÓN RESPONSABLE. Pinchar aquí

NOTA ACLARATORIA LIMITE INGRESOS AXUDAS EMERXENCIA COVID-19

NOTA ACLARATORIA DOS REQUISITOS ECONÓMICOS PARA SER BENEFICIARSE DAS AXUDAS EXTRAORDINARIAS DE EMERXENCIA SOCIAL POLA SITUACION DE EMERXENCIA SANITARIA –COVID-19

En relación co bando ditado pola Alcaldía de Meis relativo ás Axudas extraordinarias de emerxencia social pola situación de emerxencia sanitaria polo COVID-19 esta Alcaldía ten a ben aclarar o límite dos ingresos da unidade familiar para que esta teña dereito a ser beneficiaria desta liña de axudas:

LIMITE DE INGRESOS DA UNIDADE FAMILIAR:

 

1 persoa

Menos de 430, 27 €/mes

2 persoas

Menos de 516,33 €/mes

3 persoas

Menos de 619,59 €/mes

4 persoas

Menos de 743,51 €/mes

5 persoas

Menos de 892,21 €/mes

6 persoas

Menos de 1.070,65 €/mes

7 persoas

Menos de 1.284,78 €/mes

8 persoas

Menos de 1.541,74 €/mes

9 persoas

Menos de 1.850,09 €/mes

10 persoas

Menos de 2.220.11 €/mes

11 persoas ou máis

20% adicional por persoa