Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

I

Que en relación coa recadación por parte do ORAL dos recibos da taxa polo servizo de recollida de lixo do 2º semestre de 2019 e mailos recibos de 2019 da taxa polos vaos que, inicialmente remataba o 6 de abril, e dado que a atención ao público no ORAL está suspendida mentres esteamos en estado de alarma, a Dirección do ORAL vén de publicar no BOP nº 57 de 24 de marzo unha resolución pola que prorroga o prazo de pago en voluntaria destes tributos mentres estea vixente o estado de alarma.

Que así mesmo, 10 días despois de que se decrete o remate desta situación o ORAL publicará unha nova data de remate do período voluntario.

II

Que no que atinxe aos prezos públicos polas actividades sociodeportivas e polo servizo da gardería municipal, cando se volva á normalidade compensarase o medio mes xa pagado de marzo e no que non se prestou o servizo polo estado de alarma.

O que fago público para xeral coñecemento.