Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que no BOE nº 67, do sábado 14 de marzo de 2020, publicouse o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Que no BOE nº 73, do mércores 18 de marzo de 2020, publicouse o Real Decreto 465/2020, de 17 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Que o Artigo 7 que trata da liimitación da liberdade da circulación das persoas sinala que durante a vixencia do estado de alarma as persoas únicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización individualmente de certas actividades como adquisición de alimentos e produtos farmacéuticos e de primeira necesidade ou asistir a centros, servizos e establecementos sanitarios.

Neste sentido, no tocante á asistencia aos centros de saúde, deberá obrigatoriamente acudir con cita previa e logo da indicación do profesional sanitario.

Nos momentos nos que vivimos o uso das tecnoloxías ao noso alcance (teléfono, internet…) fan posible que a obtención dunhas receitas, unha cita para un especialista ou certas consultas se poidan tramitar por teléfono dende a casa, sen necesidade de saír dela.

En caso de necesidade de atención en persoa, iso decidiráo o médico, quen citará ao paciente a unha hora determinada, debendo ser puntual, para evitar coincidir con outras persoas.

Se se teñen síntomas de Coronavirus (febre, tose e falta de aire) NON se debe acudir ao centro médico, senón que se debe chamar ao número de teléfono 900 400 116, onde lle indicarán que facer e se a situación fose de emerxencia débese chamar ao 061.

En todos nós está que isto dure máis ou menos e que a situación vaia a peor máis rápido.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.