Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que a Xerencia de Atención Primaria do Sergas, por causa da crise sanitaria ocasionada polo coronarivus COVID-19, decidiu reorganizar a atención pediátrica do seguinte xeito:

A pediatra que presta os seus servizos habitualmente en Meis, atenderá telefónicamente dende o Centro de Saúde de Baltar, no número 986723128.

No caso de que se considerase necesaria unha exploración presencial, concertarase cita telefónica no PAC de Cambados, no número 986524150, onde un/ha pediatra diferente procederá á atención á hora concertada.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.