Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que no BOE nº 67, do sábado 14 de marzo de 2020, publicouse o Real Decreto 463/20202, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Que a Disposición adicional terceira que trata da suspensión dos prazos administrativos sinala o seguinte:

1.Suspéndense términos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto, ou, de se-lo caso, as prórrogas do mesmo.

2.A suspensión de términos e a interrupción dos prazos aplicarase a todo o sector público definido da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Xa que logo, no caso da matriculación na Escola Infantil Municipal 0-3 de Meis o prazo quedou interrompido o 14 de marzo pola promulgación deste RD 463/2020 polo que declarou o estado de alarma.

Como por outra banda, priorízase a atención telemática e/ou telefónica sobre a presencial, e dado que a directora da gardería estará en réxime de teletraballo, pódese pedir a solicitude ou mandar documentación aos seguintes correos electrónicos:

eim@meis.galmeis@cativos.com

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.