Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que logo da declaración do estado de alarma polo RD 463/2020, e seguindo as instrucións da FEGAMP, esta mañá creouse a Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVD-19, na que se acordou que a partir do 17 de marzo e mentres dure o estado de alarma o Concello de Meis habilitase un servizo de emerxencia para axudar ás persoas maiores e/ou en situación de vulnerabilidade para a compra de alimentos de primeira necesidade e medicinas, para evitar que saian dos seus domicilios.

Para iso poderán chamar aos seguintes números de teléfono:

986712001 (De 9 a 14 horas os días laborables).

986712211 (Durante as 24 horas do día).

Que a atención ao público (con servizos mínimos) nas dependencias municipais limitarase a casos de extrema necesidade, chamando con anterioridade para verificar esa necesidade da presenza da/o veciña/o.

Recoméndase a realización de trámites a través da sede electrónica meis.sedelectronica.gal e as consultas telefónicas chamando ao número 986712001 (De 9 a 14 horas os días laborables).

Prégase á cidadanía a maior colaboración e o exhaustivo cumprimento do disposto na lexislación vixente e nas normas que se van dictando.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.