Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que logo da declaración do estado de alarma polo RD 463/2020, e unha vez reunido o goberno municipal de Meis esta mañá acordou a cancelación dos eventos relacionados coa Semana Santa de Paradela.

Que unha vez posto o goberno municipal en contacto coas respectivas comisións organizadoras acordouse a suspensión da Romaría das Cabezas de A Armenteira e da Romaría de San Gregorio de Paradela.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.