Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que como medida preventiva en relación ao COVID-19 e unha vez adoptadas diversas medidas por parte do Estado, a Xunta de Galicia e, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Meis adopta as seguintes medidas:

  • A atención ao público nas dependencias municipais limitarase a casos de extrema necesidade, chamando con anterioridade para verificar esa necesidade da presenza da/o veciña/o.
  • Recoméndase a realización de trámites a través da sede electrónica meis.sedelectronica.gal e as consultas telefónicas chamando ao número 986712001.
  • A partir do 13 de marzo tódalas actividades deportivas, educativas, culturais, sociais organizadas e/ou autorizadas por este Concello quedan suspendidas durante os vindeiros 15 días, condicionado isto á evolución da situación.
  • A partir do 13 de marzo suspéndese durante os vindeiros 15 días, condicionado isto á evolución da situación, o uso dos seguintes centros municipais: INSTALACIÓNS DEPORTIVAS (PAVILLÓN E CAMPOS DE FÚTBOL), CENTRO MULTIUSOS (BIBLIOTECA, OMIX) E AUDITORIO, ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL, ESCOLA DE MÚSICA, CENTROS SOCIAIS, ALBERGUE DE PEREGRINOS, MERCADO DE GANDO, MERCADO DE ABASTOS E MERCADILLO.
  • Recoméndase a non celebración de actividades e festas privadas.
  • Recoméndase ás asociacions e entidades de Meis que eviten aglomeracións durante os vindeiros 15 días, condicionado isto á evolución da situación.
  • Recoméndase á veciñanza que lave acotío as mans con auga e xabón e evite todo contacto físico con outras persoas.
  • Recoméndase que se sigan as instrucións ditadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade. Información no 900400116.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.