MARTA GIRÁLDEZ BARRAL, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MEIS (PONTEVEDRA)

FAGO SABER

Que a partir do 1 de Marzo e ata o 31 de Marzo, ambos inclusive, ábrese de novo o prazo para solicitar praza na Escola Infantil 0-3 Municipal (EIM) do Concello configurada como equipamento diurno dirixido á poboación infantil de 0 a 3 anos.

Como beneficiarios daráselles preferencia ás unidades familiares con empadroamento no Concello e que soliciten praza relativa a xornada completa. Tamén poderán acceder os/as fillos/as de persoas que teñan os seus postos de traballo no Municipio e figuren empadroadas noutro Concello. No caso de ter prazas vacantes poderanse atender outras solicitudes.

Para facer a solicitude acudirán á Escola Infantil 0-3 Municipal ata o 31 de Marzo de 2020.

O que fago público para xeral coñecemento