Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Meis (Pontevedra)

 FAGO SABER:

Que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio e setembro de 2020

Requisitos:

– Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

– Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

– Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2019/2020 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

– O alumnado matriculado durante o curso 2019/2020 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as condicións.

Os prazos de matrícula serán:

Convocatoria de MAIO: do 16 ao 27 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de SETEMBRO: do 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

Realización das probas

As probas realizaránse en sesións de mañá e tarde os días 29 de maio e 4 de setembro de 2020 para as respectivas convocatorias.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento ED540A.

Para maior información as persoas interesadas informaránse na OMIX do Concello, no Centro Multiusos (Praza de España, 18 O Mosteiro), teléfono 986712277.

O que fago público para xeral coñecemento.