“Con motivo da celebración do Entroido 2020, o Concello de Meis convoca un concurso de disfraces para nenos e maiores que se regulará baixo as seguintes bases:

 

1.Establécense os seguintes premios e categorías: 

 

CATEGORIAS

 

1º PREMIO

 

2º PREMIO

 

3º PREMIO

GRUPOS DE ADULTOS  

300 €

 

210€

 

150€

PARELLAS DE ADULTOS  

130 €

 

100 €

 

80€

INDIVIDUAL ADULTO  

80€

 

60€

 

50€

GRUPOS INFANTIS  

200 €

 

160 €

 

120€

PARELLAS INFANTIL  

90 €

 

80 €

 

60€

INDIVIDUAL INFANTIL DE 0-3 ANOS

OBSEQUIO

OBSEQUIO

OBSEQUIO

INDIVIDUAL INFANTIL DE 4-14 ANOS  

60 €

 

40 €

 

20 €

 

2.O Concurso terá lugar o sábado 22 de febreiro, os/as participantes neste concurso formarán parte dun desfile que sairá ás 18:00 horas do Campo da Feira de O Mosteiro e discurrirá polas rúas do Mosteiro, cun percorrido establecido pólo concello ata o pavillón de deportes donde se celebrará a festa e se fallará o concurso.(Non se levará a cabo o desfile no pavillón e só se valorará o desfile na rúa)

 

3.En caso de mal tempo o desfile farase directamente no pavillón de deportes. O presentador/a irá chamando polos participantes por orden de inscrición e categoria para desfilar e mostrar ó xurado os seus disfraces e a súa posta en escea.

 

4. Os premios daranse a coñecer aproximadamente hora e media despois do remate do desfile no pavillón de deportes onde se entregaran os mesmos.

 

5. A inscrición será gratuita e realizarase dende o día 17 de febreiro ata o día 21 febreiro en horario de 9:00 a 14:00 horas e o sábado día 22 de febreiro en horario de 15.30 a 17:30 horas, na Omix

 

 

No momento da inscrición entregarase unha cartolina co número asignado a cada participante que deberá mostrar no momento do desfile nun lugar visible.

 

 

6. Aqueles que participen cun vehiculo, carroza ou artefacto de grandes dimensións deberán advertilo de antemán poñendose en contacto co concello.

 

 

7. O xurado estará composto por persoas alleas totalmente ó Concello, relacionadas co mundo da animación e da cultura.

 

8. O xurado non estará identificado como tal durante o desfile. Avaliará especialmente, entre outros aspectos, a animación, espectacularidade, orixinalidade, música, etc.

 

9. O xurado e a organización resérvanse o dereito de declarar como “Deserta” algunha das categorías.

 

10. Considérase categoría de grupo aquel formado por un número de seis ou máis persoas cun disfraz conxunto.

 

11. En caso de grupos con membros que coincidan en categoría infantil e adulto, serán incluidos na categoría que sume máis membros , respeto dunha ou outra categoría.

 

12. Os componentes dun grupo nunca poderán facelo de forma individual e en parella.

 

 

13. O Concello resérvase o dereito de captación de imaxes do desfile para fins de publicidade e promoción.

 

14. A participación no concurso implica a aceptación plena das bases. En todo momento as persoas participantes deberán cumprir coas indicacións da organización.

 

15. Para máis información dirixirse ó propio concello no telf.: 986. 71 20 01 ou a OMIX no telf.: 986. 71 22 77″