BANDO

MARTA GIRALDEZ BARRAL

ALCALDESA CONCELLO DE MEIS

FAGO SABER

Que a Conselleria de Política Social convoca a axuda económica, a través da “Tarxeta benvida”, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS:

  • Ter fillos ou fillas ou fillos nados/as entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2020.
  • Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2020.
  • Galegos e galegas e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2020 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.
  • Igualmente poderán beneficiarse ds contías previstas no artigo 4.2 aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1200 €, ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos, nas respectivas convocatorias do ano 2018 e 2019 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.
  • Que a renda non supere os 45.000 € No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 € para ter dereito á contía da axuda prevista no artigo 4.2.
  • Excepcionalmente , a axuda poderá percibirse ata un ano máis sempre que a unidade familiar este técnicamente valorada en situación de especial vulnerabilidade, teñan un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución e así o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data na que o neno ou nena faga os tres anos. (art.4.4)

O prazo : 2 meses contados partir do dia seguinte ó nacemento do neno/a ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.

No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2020 e sempre que o fillo ou filla nacera con anterioridade ao seu regreso, o prazo será de 3 meses, que se contarán a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación fidedignamente e data de retorno a España.

Opcionalmente , poderá presentarse a solicitude durante o período de xestación estando en todo caso, a súa concesión supeditada ao cumprimento dos requisitos previstos no artigo 3.

Para solicitar a axuda acudirán ós SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS os Luns ou Xoves xunto coa educadora familiar, e provisto do libro de familia e volante de empadronamento de toda a unidade familiar.

BANDO EN PDF