BANDO

MARTA GIRÁLDEZ BARRAL

ALCALDESA DO CONCELLO DE MEIS

Que a Conselleria de Política Social convoca a Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS:

 

  • Ter fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1 de Xaneiro de 2017 e o 31 de Decembro de 2017 , ambos dos dous días incluidos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que componen a unidade familiar estivesen obriados a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario ainda sen estar obrigados a iso. 
  • Serán igualmente beneficiarios desta prestación, as fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017. 
  • Para os efectos desta orde , enténdese por unidade familiar a formado polo pai e/ou a nai que teñan/n a custodia do menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante. 
  • As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación semrpe que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. 
  • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. 
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

 

Para solicitar a axuda acudirán ós Servizos Sociais Comunitarios xunto a Educadora familiar os LUNS ou XOVES ata o 5 de MARZO coa seguinte documentación:

– Libro de familia; volante de empadronamento conxunto de toda a unidade familiar; copia de sentenza de nulidade , separación , divorcio e/ou convenio regulador de ser o caso; copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma , de ser o caso.

BANDO EN PDF