Descarga da ficha de inscrición e bases do concurso pinchando aquí

 

BASES REGULADORAS :“I CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL DE ESCAPARATES E LOCAIS COMERCIAIS/HOSTALEIROS 2019”

OBXETIVOS: O Concello de Meis convoca o I Concurso de decoración de Nadal de escaparates e locais comerciais/hostaleiros, dirixido aos establecementos da localidade. Esta iniciativa ponse en marcha para impulsar as compras nos pequenos comercios e locais de hostalería, para así acadar unha maior reactivación destes sectores nunhas datas tan señaladas como é o Nadal. Dende o Concello pensamos neste concurso para animar aos empresarios a emprender actuacións que reclamen a atención dos compradores.

Impulsar o desenvolvemento dos establecementos do concello, promover a creatividade e a profesionalidade dos establecementos, recoñecendo e premiando, de ser o caso, os mellores traballos realizados.

TEMA: O tema a desenvolver é libre. Poderase empregar calquera técnica ou estilo e a temática deberá estar relacionada coa actividade empresarial que se exerza habitualmente no establecemento, e toda a decoración deberá estar vencellada ao Nadal.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN: Para participar nesta “I edición” haberá que comunicalo antes do 2 de decembro, mediante presentación no Concello desta ficha de inscrición.

A decoración do local ou o escaparate deberá estar finalizada o día 5 de decembro e non poderá variarse ata o día 6 de xaneiro de 2020.

A partires do día 5, persoal do concello pasará polos establecementos para sacar fotos á decoración do local ou escaparate para subila ao Facebook do Concello, e serán os propios “ amigos” do Facebook, quen, cos seus votos elixirán o gañador do concurso. Este será aquel, cuxa foto obteña mais “ME GUSTA”.

PREMIOS Establécense os seguintes premios:

1º Reportaxe en prensa + Diploma

2º Diploma

3º Diploma

RESULTADO E ENTREGA DE PREMIOS: O concurso darase por rematado o día 20 de decembro as 12,00h momento no que se verificará a foto con mais “ME GUSTA”

O resultado comunicarase aos establecementos gañadores, publicándose o mesmo tempo na páxina web do concello www.meis.gal e no Facebook Concello de Meis.

A entrega de premios farase o día 22 de decembro, no campo da feira as 13,00h na carpa da Feira do Galo de Curral

CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE: Os participantes do I Concurso de decoración de Nadal de escaparates e locais comerciais/hostaleiros, autorizan ao Concello de Meis ao tratamento e difusión das imaxes dos establecementos participantes no concurso.

PROTECCIÓN DE DATOS: O CONCELLO DE MEIS é o Responsable do tratamento dos datos persoais proporcionados baixo o seu consentimento e infórmalle que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Reglamento (UE) 2016/679 de 27 de abril (GDPR) e na Ley Orgánica 3/2018 de 5 de decembro (LOPDGDD), coa finalidade de xestionar o concurso. Os datos serán conservados de conformidade coa normativa aplicable, mentres exista un interese público para manter o fin do tratamento, así como para fins estatísticos, e cando xa non sexa necesario para tal fin, suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos. Non se comunicarán os datos a terceiros, salvo que fose necesario para a tramitación do procedemento ou por obriga legal. Así mesmo, infórmase que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ao seu tratamento dirixíndose a CONCELLO DE MEIS. Avda. Cambados – O Mosteiro, 67 – 36637 Meis (Pontevedra). Email: dpo@legalforma.com, así como, no seu caso, reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.