A Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 4 de decembro de 2018, acordou prestar aprobación inicial ao proxecto de urbanización do Plan especial de dotacións para equipamentos en solo rústico, que ten por obxecto o establecemento dun parque didáctico e de lecer en terreos clasificados como solo rústico forestal do lugar de Penente da Parroquia de Nogueira. O documento foi presentado por CRELPABE SL e está redactado por “espinosa&rodríguez architects projets mangers S.L.”.

De conformidade co disposto no Artigo 96.3 da Lei 2/2016, do Solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que durante este período poida ser examinado e formularse as alegacións que se considere oportuno. A documentación poderá ser consultada nas oficinas municipais, de 9:00 á 14:00 horas.