A Conselleria de Política Social convoca a  Axuda económica, a través da Tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2017.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

  • Ter fillos ou fillas ou fillos, tanto por naturaza como por adopción, nados entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2017.
  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que a renda da unidade familiar, sumadas a base impoñible xeral e a base impoñible de aforro, da declaración do IRPF do ano 2015 non supere os 45000 €. No caso de que esta contía fose superior, a renda per cápita, entendida como a suma das bases impoñibles xeral e do aforro dividida entre o número de membros da unidade familiar non deberá superar os 13.500 €.

Para solicitar a axuda acudirán ós Servizos sociais  os Luns  ou  Xoves coa  seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia da unidade familiar.
  • Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

O prazo de presentación de solicitudes: 2 meses contados partir do dia seguinte ó nacemento do neno/a.