Contratación laboral temporal APROL RURAL 2023

As entrevistas terán lugar o vindeiro 12/05/2023 ás 9:00 horas no Centro Multiusos do Mosteiro.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO EXCEPCIONAL PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DE MEIS

ℹ️ CALENDARIO FISCAL ORAL 2023

Cobranza en período voluntario dos tributos municipais 2023.
 
👉No BOP núm. 14 do venres 20 de xaneiro publicouse unha resolución pola que se lle dá publicidade ao Calendario Fiscal para o exercicio 2023, consonte as referencias e indicacións que se fan no BANDO que se anexa.
 
👉Para a súa comodidade pode domiciliar os seus tributos ou adherirse ao Plan Personalizado de Pagos a través da Oficina Virtual Tributaria do ORAL (https://ovt.depo.gal) ou en calquera das oficinas do ORAL.
 
👉Os ingresos poderán realizarse a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación de Pontevedra – ORAL (https://ovt.depo.gal).
Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (Abanca, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Novo Banco, Sabadell e Unicaja Banco), tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).
 
🤳Para consultas en:
ORAL (https://ovt.depo.gal) ou chamando ao Centro de Atención Telefónica no 886 211 400.

PLAN CONCELLOS PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2023 (LIÑA 3)

A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis, na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 27 de xaneiro de 2023, unha subvención por importe de 113.679,55 € con cargo ao PLAN CONCELLOS PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2023 (LIÑA 3), para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Primeira do Capítulo II do citado plan (BOPPO nº 208, do 31 de outubro de 2022).

Os contratos levaranse a cabo en dúas quendas, a xornada completa, e as ocupacións que se van a solicitar ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días son as seguintes:

OCUPACIÓN

Nº POSTOS

DURACIÓN

CÓDIGO OCUPACIÓN

Albanel

1

8 meses

7121

Electricista

1

8 meses

7510

Fontaneiro/a

1

8 meses

7221

Peón obras públicas en xeral

3

8 meses

9601

Pintor/a

1

7,5 meses

7212

Carpinteiro/a

1

7,5 meses

7131

Peón forestal

1

7,5 meses

9543

 

Tódalas persoas interesadas nesta convocatoria deberán comprobar a situación da súa inscrición no Servizo Público de Emprego de Cambados.

As entrevistas terán lugar o vindeiro 17/02/2023 ás 9:00 horas no Centro Multiusos do Mosteiro.

As entrevistas terán lugar o vindeiro 20/03/2023 ás 9:30 horas no Centro Multiusos do Mosteiro.

O proceso de selección será mañán mércores día 29 de marzo ás 9:30 horas

Tarxeta benvida 2023

A Conselleria de Política Social convoca a axuda económica, a través da“Tarxeta benvida”, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2023.
 
👥PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS:
 Ter fillos ou fillas ou fillos nados/as entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2023.
 Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2023.
 Galegos e galegas e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2023.
 Igualmente poderán beneficiarse das contías previstas no artigo 4.2 aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 €, ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos, nas respectivas convocatorias do ano 2021 e 2022 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.
 Excepcionalmente, a axuda poderá percibirse ata un ano máis sempre que a unidade familiar este técnicamente valorada en situación de especial vulnerabilidade e o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data na que o neno ou nena faga os tres anos.
 
O prazo de presentación de solicitudes: 2 meses contados partir do día seguinte ó nacemento do neno/a ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.
 
No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2023 e sempre que o fillo ou filla nacera con anterioridade ao seu regreso, o prazo será de 3 meses, que se contarán a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación fidedignamente e data de retorno a España.
 
Opcionalmente , poderá presentarse a solicitude durante o período de xestación estando en todo caso, a súa concesión supeditada ao cumprimento dos requisitos previstos no artigo 3.
 
Para solicitar a axuda solicitarán cita telefónica☎️ nos SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS á educadora familiar 615299895- 986712001/712101.

AUDITORÍA ABASTECEMENTO E PLAN DE ACTUACIÓNS

Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Dita lei establece na súa Disposición adicional segunda que, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Igualmente, deberán publicar a porcentaxe de perda de auga na sede electrónica da administración correspondente.

Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de Meis, calculouse que, o rendemento técnico hidráulico do sistema de abastecemento municipal é do 62,43 % e, en consecuencia, porcentaxe de auga non rexistrada é o 37,57 %.

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DUN POSTO AUXILIAR DE BIBLIOTECA, DO CONCELLO DE MEIS

Con motivo das vacacións da encargada da biblioteca municipal e debido á demanda do servizo por parte dos/as usuarios/as, é preciso levar a cabo un procedemento de selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun posto de Auxiliar de Biblioteca, con carácter urxente e inaprazable.

Posta en valor do Petróglifo de Outeiro do Cribo

A necesidade de intervención arqueolóxica ven dada pola aplicación da normativa urbanística e patrimonial vixente á actuación de posta en valor que o Concello de Meis pretende acometer sobre un dos seus elementos arqueolóxicos máis singulares, o petróglifo do Outeiro do Cribo (GA36028016), que agocha un dos labirintos mellor executados e conservados de todo o panorama da arte rupestre.

En época recente, os gravados teñen sido obxecto de múltiples afeccións, algunhas repetitivas, como as marcas ou pintadas realizadas por afeccionados, que poden causar deterioros irreversibles nos sucos.
Ademais, o xacemento está situado nunha localización de risco debido ao tránsito por riba do soporte dos gravados de vehículos rodados (motos e quads especialmente), persoas e animais; polo que o Concello considera que é imprescindible abordar unha actuación que reverta esta situación actual de exposición a diversos axentes de deterioro.

Por outra banda, o petróglifo posúe un importante potencial para o desenvolvemento da comunidade local en conxunto cos outros bens arqueolóxicos existentes na contorna, como as Mámoas de Fonte do Lagarto, o petróglifo de Outeiro do Tronco ou o propio mosteiro de Armenteira. Todos eles susceptibles de ser integrados en roteiros de lecer
baseados no interese polo patrimonio histórico-arqueolóxico e a defensa e conservación do medio ambiente. De feito, a pista de acceso ao Outeiro do Cribo forma parte dun circuíto BTT (Ruta de BORDÓNS; ruta 8 do Salnés), pensada para o fomento do clicloturismo na zona.

Son por estes motivos, singularidade, situación de risco e potencial social, que xurde a iniciativa municipal para poñer en valor o ben. Elaborándose, en xuño de 2021, unha proposta de actuación por parte de técnicos da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez (arqueólogo) e Óscar Taboada (conservador), na que se abordan as diferentes accións que conducirían á súa recuperación e posta en valor, e que no presente proxecto se seguirán en gran medida.

A intervención arqueolóxica que se pretende, abrangue traballos de roza e tala, limpeza do propio soporte dos gravados, documentación, creación de drenaxes, escavación arqueolóxica e acondicionamento do espazo visitable, incluíndo cartelería e delimitación física mediante valados en madeira.
Actuacións, que en definitiva, terán lugar dentro da áreas de protección do petróglifo, tanto integral como de amortecemento, ben catalogado segundo o Plan Xeral de Ordenación do concello de Meis, e que, ademais, segundo o establecido na disposición adicional primeira da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, goza da condición de bens de interese cultural.