🚌TURISMO SOCIAL DO IMSERSO 2023-2024

Aberto novo prazo de presentación de solicitudes de participación para o programa TURISMO SOCIAL DO IMSERSO tempada 2023-2024 para aquelas persoas que NON están incluidas no programa.

      MAIORES DE 65 ANOS.
      PENSIONISTAS DE XUBILACIÓN.
      PENSIONISTAS DE VIUDEDADE COM 55 OU MAIS ANOS DE IDADE.
      PENSIONISTAS DE INVALIDEZ, OUTRAS PENSIÓNS OU PREXUBILADOS CON 60 ANOS CUMPRIDOS.

O CÓNXUXE DO SOLICITANTE NON TERÁ QUE CUMPRIR ESTES REQUISITOS. TAMÉN SE ADMITIRÁ COMO ACOMPAÑANTE UN FILLO/A CUN GRAO DE DISCAPACIDADE IGUAL OU SUPERIOR Ó 45 %.

ℹ️ Máis información nos SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS do Concello de Meis, 📞615299895

 
✍️PRAZO: Abrangue toda a tempada de turismo 2023/2024.

DOCUMENTACIÓN:
      D.N.I
      XUSTIFICANTE DE INGRESOS (PENSIÓNS-OUTROS)
      CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE NO SEU CASO.

SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DIRIXIDA AOS CONCELLOS PARA “AS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO ANO 2023”

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2023”, por un importe de 1.717,60 euros para o programa OBRA DE TEATRO AS ALUMNAS CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS  2023, con cargo “ás subvencións dirixidas aos concellos para as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2023, (custo total da obra de teatro 2.290,13 euros, 75% con cargo á Deputación Provincial e o restante 25 % con cargo ao Concello).

Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra

📑CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE 📌NOGUEIRA (MEIS, PONTEVEDRA)▶️ Investigación da propiedade.

📣AVISO‼️
📑CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE 📌NOGUEIRA (MEIS, PONTEVEDRA)▶️ Investigación da propiedade.
 
Dende o Concello de Meis trasládase o seguinte AVISO a todas as persoas interesadas recibido da Consellería do Medio Rural en relación á CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE NOGUEIRA sobre a inclusión dos núcleos rurais das parroquias de San Vicente, Santo Tomé e San Lourenzo, e algunhas parcelas rústicas ata o de agora non incluídas.
 
A resolución de inclusión co listado dos núcleos rurais e das parcelas rústicas incluídas, así como os planos de situación das parcelas, os poden consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural ou no Centro Multiusos do Concello de Meis(Praza de España O Mosteiro Meis-Pontevedra), a partir do mércores 2 de agosto en horario de 9 a 14h de luns a venres.
 
▶️Para ℹ️ información e consultas, o horario de atención ao público sinálase no recadro dabaixo coa indicación de CALENDARIO⤵️
 
Todas as persoas afectadas deberán localizar as súas parcelas nos planos indicados e comprobar se se representan de maneira correcta: forma, edificacións, muros, peches, pozos, pozas, canles de rego, camiños, serventías, servidumes, paraxes, etc.

Analíticas da auga das fontes municipais do ano 2023

Subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para “Redacción de proxectos ou execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da Rede Ágora”

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Redacción de proxectos de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da rede Ágora”, por un importe de 32.670,00€, con cargo ás subvencións para “Redacción de proxectos ou execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da Rede Ágora (2021)”,  (custo total da redacción do proxecto 36.300,00 €: 90% con cargo á Deputación Provincial e o restante 10 % con cargo ao Concello ).

Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra

Subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para financiamento dos gastos derivados da presentación de candidaturas de proxectos subvencionables ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no ámbito do turismo deportivo sostible

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Acondicionamento das instalacións do Campo de Fútbol Municipal José Betanzos Doval “Pepe””, por un importe de 5.000,00€, con cargo ás subvencións a entidades locais da Provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes para o financiamento dos gastos derivados das asistencias técnicas que se contraten para preparar a documentación necesaria para a presentación de solicitudes de subvención, así como, no seu caso, a redacción e/ou adaptación dos proxectos de investimento, que se poidan acoller á primeira convocatoria de axudas do Consello Superior de Deporte ao fomento do turismo deportivo sostible financiadas con fondos Next Generation UE, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Compoñente 26, Investimento 2).

Servizo de Cooperación cos municipios da Deputación Provincial de Pontevedra

 

Conservación e restauración da fonte do Campo da Feira

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022, por un importe de 9.149,87€, para “CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DA FONTE DO CAMPO DA FEIRA”.

Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación Provincial de Pontevedra