FESTA DOS CALLOS

A festa dos callos data inicial do ano 1990, ten a súa orixe nas comidas que se servían a base de garbanzos no campo da feira de O Mosteiro con motivo do mercado de gando que dende o século XIX se ven celebrando na capitalidade do concello, mercado de gando de gran realce en tempos pasados, donde acudían comerciantes de ganado e en xeral de toda a provincia xa que este mercado era o máis importante a nivel provincial como o demostran testemuños da época.
A costume de comer os callos perdeu auxe debido ó declive das feiras do gando, e precisamente por esa razón comezouse a celebrar a Festa dos Callos, para que a xente puidese degustar os callos que aquí se preparaban, e finalmente non se acabase perdendo esta oferta gastronómica propia deste municipio.
A celebración deste tradicional prato ten como escenario incomparable o Campo da Feira de O Mosteiro, o domingo máis próximo o 11 de xullo enmarcándose dentro das celebracións en honor a San Bieito.

FESTA DO POTRO E FEIRA ANUAL DO CABALO

Celébrase o 15 de agosto co gallo da feira do cabalo dende o ano 2000 no Campo da Feira de O Mosteiro Meis
A feira anual do cabalo ten lugar durante todo o día, dende as primeiras horas da mañá no recinto da feira do ganado situado nas proximidades da saída da vía rápida do Salnés en Mosteiro.
A festa gastronómica da carne de potro ten como esceario o campo da feira de o Mosteiro, ambos certámenes están organizados pola comisión de festas “Nosa señora do carme de Zacande”
Os concursos da “Feira anual do cabalo” comezan pola mañá a partir das 13:00 horas aproximadamente faise un descanso para que a xente poida trasladarse ó campo da feira de o Mosteiro donde comezará a festa gastronómica de potro. Cada comensal poderá degustar por 8 euros un menú composto por unha ración de empanada, unha ración de carne ó forno, unha botella de viño e unha ración de pan.
Pola tarde reanudanse os concursos da Feira do cabalo.

SAN GREGORIO

As festas en honor a San Gregorio en Paradela poñen fin á Semana Santa de Meis,unha das máis emblemáticas da comarca do Salnés, principalmente pola representación tan realista que se fai do Via Crucis e que atrae cada ano a miles de visitantes. Para cerrar unha cita tan emblemática celebrase o San Gregorio, durante o domingo seguinte o de Pascua, cuya principal atracción é gastronómica, xa que se elabora un bolo de pascua con máis de 6000 ovos que poden degustar os fieis e curiosos que se acercan ata a festa o mediodía.