EXPLORANDO MEIS 2017

Actividade de lecer ofertada á xuventude coa intención de coñecer en profundidade as tradicións e o patrimonio artístico, lúdico, cultural e culinario da nosa vila.

DESTINATARIOS/AS: 25 participantes de 12 a 17 anos.
HORARIO: de 10 a 14h de luns a venres, excepto unha noite de pernocta na Área Recreativa de Portapisón.
Lugar: Centro Multiusos – Local Social Camiño da Gándara 6 O Mosteiro (Meis).

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 13 de xullo na OMIX(Praza de España 18 O Mosteiro), teléfono 986712277

Realizarase un sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles, o 13 de xullo ás 11h da mañá no Centro Multiusos do Mosteiro, o cal se anunciará na páxina web www.meis.gal

Actividade de balde!