Subvención para adquisición de desfibriladores, o mantemento, reparación de instalación deportivas

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 2.539,87 € para o financiamento da actuación REPOSICIÓN DE XOGOS DO PARQUE INFANTIL DA PRAZA DE ESPAÑA, con cargo á Liña 1 – Reparacións e Subministracións das subvencións para “adquisición de desfibriladores, o mantemento, reparación de instalacións deportivas e espazos públicos, e a adquisición de material deportivo e ocio inventariable durante o exercicio 2015”.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 – PPOS-2015

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 48.400,57 € polo procedemento de concorrencia competitiva, para o financiamento da actuación “PAGAMENTO A ACREEDORES DE GASTO CORRENTE” , dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 – PPOS-2015

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 32.252,64 € polo procedemento de concorrencia competitiva, para o financiamento da actuación “AMORTIZACIÓN ANTICIPADA DE DÉBEDA CON ENTIDADES FINANCEIRAS” , dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

CARNÉ XOVE

A QUE ESPERAS A UTILIZAR O TEU CARNÉ XOVE?
AQUÍ ESTÁN OS ESTABLECEMENTOS DO CONCELLO ADHERIDOS A ESTE PROGRAMA…BENEFÍCIATE!!!

Adhesión ao Punto xeral de entrada de facturas electrónicas do Estado – FACE

Por acordo do Pleno da Corporación de data 11 de xuño de 2014 e Resolución de Alcaldía de data 4 de decembro de 2014 o Concello de Meis procedeu a adhesión ao “Punto general de entrada de facturas electrónicas del Estado (FACE)” de conformidade co artigo 6 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable das facturas no Sector Público así como ao establecemento dos códigos DIR3 da Entidade, de acordo coa súa estructura organizativa:

 

• Código  oficina contable: LO1360280

 

• Código órgano xestor: LO1360280

 

• Código unidade de tramitación:LO1360280

 

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento da Disposición adicional 6ª da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable das facturas no Sector Público.

Vertidos impropios na depuradora do Fonduxo

BANDO

Vertidos impropios na depuradora do Fonduxo

JOSE LUIS PEREZ ESTÉVEZ ALCALDE-PRESIDENTE DO

CONCELLO DE MEIS (PONTEVEDRA)

FAGO SABER:

Que o Concello de Meis conta cunha rede de sumidoiros que conduce os vertidos á depuradora do Fonduxo, procedentes das vivendas dos lugares de Outeiro, O Casal e Penaboi na parroquia de Paradela.

Que esta depuradora está a sufrir avarías que poden ser moi graves e polo tanto precisar de reparacións moi caras, debido á presencia nos vertidos de compresas, toalliñas, trapos de cociña e mesmo pneumáticos de ciclomotor.

Xa que logo, apelo á colaboración de toda a cidadanía para contribuír ó bo funcionamento da depuradora evitando tirar eses residuos impropios da rede de saneamento.

O que fago público para xeral coñecemento.

Meis, 25 de novembro de 2014

Plan urxente de mantenemento de servizos e infraestructuras municipais 2014

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 40.730,58 € polo procedemento de concorrencia competitiva, para o financiamento da actuación “AMORTIZACIÓN ANTICIPADA DE DÉBEDA CON ENTIDADES FINANCEIRAS”, dentro do Plan urxente de mantenemento de servizos e infraestructuras municipais 2014.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Recollida de enseres e voluminosos

O Concello de Meis vén de poñer en funcionamento un servizo de recollida de enseres e voluminosos para que aquelas persoas que desexen desfacerse dos residuos sólidos que non se poden botar nos colectores da recollida de lixo convencional poidan facelo dun xeito responsable.

Deste xeito o medio ambiente verase beneficiado e os espacios que na actualidade están ocupados pola ferralla e outros obxectos inservibles nas nosas casas quedarán libres.

Todas aquelas persoas interesadas en que se lles recollan enseres e/ou voluminosos deberán chamar á empresa que realiza a recollida de lixo no municipio, CELTA PRIX, SL, en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas ó teléfono 986 71 82 69 para solicitalo, lembrándolles de antemán que dispoñen dun contestador no que poden deixar o seu número de teléfono e xa lles devolverán a chamada.

Os días de recollida destes enseres serán o primeiro e o terceiro mércores de cada mes, polo que será preciso deixa-lo material a recoller o día anterior na vía pública.

Non se recollerán plásticos de invernadoiros nin escombro.

Descargar: Recollida enseres voluminosos.pdf

QUÉROTE +

Infórmate, asesórate, e consulta as túas dúbidas cos CENTROS QUÉROTE+

Os mozos e as mozas, e as persoas vinculadas coa mocidade (familias, educadores/as, monitores/as, profesorado, etc.), poden formular as consultas que desexen a través desta vía e ter unha resposta en menos de 48 horas. O servizo garante a confidencialidade, o anonimato e por suposto é de balde.

A atención deste servizo está garantida por un equipo profesional formado en aspectos vinculados coa mocidade e as temáticas que se abordan (sexualidade e afectividade, imaxe corporal, convivencia, uso das Tic’s e consumo de substancias). Isto implica que as persoas que empreguen ese servizo terán á súa disposición un equipo que informará e asesorará de forma profesional as consultas que reciba.

Centro de Acollida e Protección de Animais

Desde o pasado 8 de abril de 2013 está funcionando o Centro de Acollida e Protección de Animais Domésticos da provincia (CAAN), baixo a supervisión da Deputación de Pontevedra. O CAAN, que aspira a reducir o número de abandono de animais, é un exemplo de colaboración e apoio entre institucións.

Que facer se atopas un animal abandonado:

Se atopas un animal abandonado poderás dirixirte ó concello (de luns a venres no horario de atención ó público) 986712001 ou á Protección Civil de Meis 986712211, que será quen se encargue de canalizar o aviso ó CAAN a través das canles oficiais xa determinadas.

Para máis información,  pincha aquí e accederas á páxina web da CAAN.